Produción e realización
Producir o evento: das cámaras do recinto ao sinal emitido.
- Produtos · Produción e realización
Multicámara
Deixa que cada espectador vexa o evento desde onde queira.
Deporte · Medios e broadcasters
- Produtos · Produción e realización
Produción automática
Emite todos os teus eventos en directo, con calidade televisiva e sen ninguén no recinto.
Deporte · Medios e broadcasters
- Produtos · Produción e realización
tiivii mixer
Unha mesa de produción profesional que vive no navegador.
Medios e broadcasters · Deporte
- Produtos · Produción e realizaciónNovo
VAR
Revisión de xogadas en directo, con todas as funcións e a un custo asumible.
Deporte
Non hai fichas con estes filtros
Proba a quitar algún filtro ou a buscar outro termo.
QUE É
Todo o que ocorre entre o recinto e o sinal
Catro produtos que comparten as mesmas cámaras e a mesma nube: a IA produce o evento por defecto, e as persoas entran cando achegan valor. A instalación faise unha vez e serve para todos.
Unha única instalación de cámaras alimenta produción, multicámara e VAR.
Produción automática, manual ou híbrida, decidida evento a evento.
Latencia de 120 ms, a máis baixa do mercado.
Sen hardware adicional no recinto: só enerxía e banda larga.

QUE ATOPARÁS AQUÍ
Catro produtos que traballan xuntos
Pódense contratar por separado, pero renden máis combinados sobre a mesma instalación.
-
Produción automática
Emite calquera evento sen persoal no recinto, con cámaras dirixidas por intelixencia artificial.
-
tiivii mixer
Unha mesa de produción profesional no navegador, para realizar en remoto cando o evento o merece.
-
Multicámara
O espectador escolle desde que cámara segue o evento, sen latencia e sen cortes.
-
VAR
Revisión de xogadas con ata nove cámaras sincronizadas, a un custo asumible por calquera federación.
PARA QUEN
Onde se instala
-
Clubs e pavillóns
Instalacións que queren emitir todos os seus partidos, non só o derbi.
-
Federacións e ligas
Competicións completas coa mesma calidade en todas as sedes.
-
Espazos culturais
Teatros, auditorios e salas que emiten a súa programación.
-
Concellos
Polideportivos, auditorios e actos municipais.
FALEMOS
Empecemos por unha visita técnica
Vemos o teu recinto, propoñemos onde van as cámaras e calculamos o custo por evento emitido.