Datos e intelixencia artificial
Do sensor e da cámara á decisión.
- Servizos · Datos e intelixencia artificial
IoT e Big Data
Do sensor ao cadro de mando, pasando por todo o que hai no medio.
Industria · Administración pública
- Servizos · Datos e intelixencia artificial
Visión artificial
Convertemos calquera cámara nun sensor que entende o que ve.
Industria · Retail
Non hai fichas con estes filtros
Proba a quitar algún filtro ou a buscar outro termo.
QUE É
Converter o que xa se está a medir en algo que se poida decidir
As organizacións acumulan sensores, sistemas e cámaras que non se falan entre si. Estes servizos integran esas fontes e convértenas en cadros de mando, alarmas e modelos que anticipan.
Todo o ciclo do dato: inxestión, procesamento, almacenamento, analítica e explotación.
Ferramentas estándar do ecosistema, sen plataforma propietaria pechada.
Modelos de visión artificial adestrados sobre o escenario real do cliente.
Despregamento na nube ou no propio dispositivo cando a latencia o esixe.

QUE ATOPARÁS AQUÍ
Dúas formas de mirar os mesmos datos
Unha parte dos sensores; a outra, das cámaras. Combínanse no mesmo cadro de mando.
-
IoT e Big Data
Sensórica, plataformas IoT, data lakes, cadros de mando e modelos preditivos.
-
Visión artificial
Reconto, detección e alertas sobre calquera entrada de vídeo, na nube ou no edge.
PARA QUEN
Onde estamos a despregar
-
Administracións públicas
Redes de sensórica territorial e monitorización de infraestruturas.
-
Industria e enerxía
Xestión remota de instalacións e mantemento preditivo.
-
Cidades e mobilidade
Tráfico, transporte público e zonas de baixas emisións.
-
Retail e medios
Reconto de persoas, stock en tempo real e datos de audiencia.
FALEMOS
Empecemos polas fontes que xa tes
Facemos un mapa dos teus datos e das túas cámaras e propoñémosche o primeiro caso de uso medible.