Servizos
Noventa profesionais e vinte anos de experiencia, á túa disposición.
- Servizos · Enxeñaría e plataforma
Cloud GPU e infraestrutura IA
Capacidade de cómputo para IA cos datos aloxados en territorio propio.
Industria · Servizos
- Servizos · Comunicación e márketing
Comunicación dixital
Ti pos os eventos. Nós, todo o demais.
Administración pública · Retail · Servizos
- Servizos · Consultoría e proxectos
Consultoría para Administracións Públicas
Do plan estratéxico á execución do proxecto, con financiamento e pregos incluídos.
Administración pública
- Servizos · Enxeñaría e plataforma
Desenvolvemento a medida
Unha factoría de software especializada en telco, vídeo e intelixencia artificial.
Industria · Servizos · Retail
- Servizos · Datos e intelixencia artificial
IoT e Big Data
Do sensor ao cadro de mando, pasando por todo o que hai no medio.
Industria · Administración pública
- Servizos · Comunicación e márketing
Oficina de contidos
Comunicación e márketing coa mesma casa que constrúe a tecnoloxía.
Medios e broadcasters · Administración pública
- Servizos · Datos e intelixencia artificial
Visión artificial
Convertemos calquera cámara nun sensor que entende o que ve.
Industria · Retail
Non hai fichas con estes filtros
Proba a quitar algún filtro ou a buscar outro termo.
QUE É
Equipo propio, non unha bolsa de perfís rotatorios
cinfo ten factoría de software, equipo de deseño, consultores especializados en administración pública e unidade de datos e IA. Todo en cadro de persoal, na Cidade das TIC da Coruña.
90 profesionais en cadro de persoal, organizados en unidades especializadas.
Máis de 20 anos asesorando a administracións públicas.
Datacenter e oficinas propios na Cidade das TIC da Coruña.
A mesma xente que mantén a suite tiivii traballa nos proxectos.

QUE ATOPARÁS AQUÍ
Catro áreas de servizo
Contrátanse por separado ou combinadas dentro dun mesmo proxecto.
-
Consultoría e proxectos
Plans estratéxicos, financiamento, pregos e oficinas de proxecto para administracións públicas.
-
Enxeñaría e plataforma
Factoría de software especializada en telco, vídeo e IA, e infraestrutura Cloud GPU.
-
Datos e intelixencia artificial
Proxectos de IoT e Big Data e visión artificial aplicada a vídeo.
-
Comunicación e márketing
Xestión integral da plataforma audiovisual e oficina de contidos.
PARA QUEN
Con quen traballamos
-
Administracións públicas
Desde o plan estratéxico ata a xustificación do proxecto.
-
Operadores e televisións
Plataformas, apps para TV e backends de metadatos.
-
Industria e enerxía
Sensórica, plataformas de datos e visión artificial.
-
Empresas e entidades
Comunicación dixital, marca e presenza en todas as canles.
FALEMOS
Cóntanos en que fase estás
Dá igual se tes un prego, unha idea ou un problema sen diagnosticar: empezamos por aí.